martes, 20 de noviembre de 2012

probando



Dentro do programa Outono Fotográfico chegan a Cambados dúas exposicións de fotógrafos galegos.  
Outono Fotográfico é o Festival Galego de Fotografía; o decano da península ibérica, que chega neste 2012 á súa 30ª edición. O OF organiza exposicións en toda Galicia e colócaas en espazos expositivos como galerías de arte, salas institucionais, centros de ensino, edificios públicos, cafeterías...
Un dos obxectivos é a súa expansión, polo que se programan mostras en Catalunya, Portugal e Brasil.


Sección Oficial na que o Festival convida a autoras/es e creadora/es e o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es.
Este ano a programación conta con 114 exposicións individuais e colectivas, nas que se mostran traballos de 471 fotógrafo/as, en 91 espazos expositivos.
 A Cambados chegaron dúas exposicións, unha máis fotodocumentalista dos fotógrafos Ángel Cordero e Nacho Romero na que traballaron sobre os últimos 7 presos do Cárcere de Monte Alto da Coruña, hoxe pechada. A outra chámase Habitacións Reflexas, nela sete novos fotógrafos expoñen traballos máis no ámbito da fotografía artística. Podes descargar neste enlace un pdf con máis información.