Quen somos?

A Asociación Cultural Asoblog Salnés naceu en Cambados a finais do ano 2011, e formalizouse como asociación na segunda metade do ano seguinte. Naceu da vontade dos blogueiros cambadeses de unirse para xuntar forzas, coñecementos e novos puntos de vista, e tamén coa fin de facer chegar  a máis xente as novas sobre política, sociedade ou cultura e a creatividade que hai agochada en Cambados e no Salnés. Da man duns poucos blogueiros a Asociación Cultural Asoblog Salnés (ACAS), nace en Cambados pero coa idea de abarcar os intereses da nosa área, que é a comarca do Salnés.

 Coa vontade de explotar a actividade blogueira nace este refuxio para blogs doutros puntos da comarca que non están tan amparados polo uso de internet nos seus lugares como o está en Cambados. Un plan que pretende axudar a crecer opinións e creatividade sen deixar a ninguén fóra que teña un bo proxecto. Dende a súa primeira reunión, ACAS, organizou un recital polo día das Letras Galegas recoñecendo ó quincuaxésimonoveno homenaxeado das nosas letras, Valentín Paz-Andrade, no que tamén houbo cabida para outras figuras da nosa literatura. No seno de ACAS hay periodistas, poetas, músicos, historiadores, deseñadores, moitos deles autodidactas, pero que non quita o valor do seu traballo. ACAS está formado por persoas co proxecto unánime de facer chegar ó pobo, aquelas cousas que antes quedaban reducidas a comentarios de patio de veciños. Un concerto, un recital, unha nova, un curso, unha exposición. ACAS, busca fomentar a verdade, a pluralidade e a cultura en todolos seus ámbitos así como tamén a participación activa do lector que se adentra en internet a coñecer un pouco da súa vila. Internet é un canal de comunicación bidireccional e iso é algo que nós buscamos fomentar. Queremos ser escoitados, pero queremos escoitar tamén. En definitva somos un conxunto de persoas que escoulleu internet como ferramenta para comunicarnos con todos vós, e da mesma forma busca que vós nos escollades para comunicarvos sobre o que sucede ó voso (e tamén ó noso) arredor. Un saúdo. Asociación Cultural Asoblog Salnés.